
Galiza ten asumida a transferencia da xestión realizada polo INEM no ámbito do traballo, o emprego e a formación. A Consellería de Traballo da Xunta de Galiza asume o exercizo das competencias e funcións das políticas activas de emprego.

A Confederación Intersindical Galega a través deste proxecto pretende incidir na dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural, así como servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade traballadores/as en paro. Complementando deste xeito outras actividades que desenvolve na liña de proporcionar aos mozos e mozas demandantes de emprego accións de formación e/ou ocupación que lles faciliten a súa incorporación ou reincorporación ao mercado de traballo cunha perspectiva de estabilidade.
Co desenvolvemento deste proxecto pretendemos servir de canle de comunicación directa e cotiá entre a administración e o tecido produtivo, con vistas a facilitar a cooperación entre estes dous ámbitos, axudando a desenvolver políticas de promoción da actividade económica e a atención aos emprendedores/as e empresas de economía social para axustar o modelo de crecimento económica á realidade socio-económica e territorial galega, tendo en conta as demandas xerais da nosa economía, as particularidades e especificidades da mesma e ás potencialidades dos traballadores/as en paro. Porén entendemos o apoio á iniciativa empresarial ou ao autoemprego, en todos os casos, como apoio á iniciativa empresarial e autoemprego de economia social, nomeadamente referida ao cooperativismo.